A Real Academia Galega (RAG) decidiu este ano rachar coa polÃtica de silencio que viña practicando desde anos atrás, mais os constantes ataques do Goberno de Alberte Núñez Feixóo á lingua fixeron que espertase. Cando o PP asumiu o poder na Xunta co compromiso de derrogar o decreto que estabelecÃa como mÃnimo a presenza do galego na metade das aulas, o entón presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, advertÃa de que os académicos non calarÃan ante a desprotección do idioma. E asà foi. Meses despois, antes de rematar o seu mandato á fronte da institución cultural, Barreiro acusaba a Xunta de alentar á crispación coa súa polÃtica lingüÃstica. E Feixóo respondÃa coa advertencia de que todos os informes da RAG non serÃan perceptivos nin vinculantes para elaborar o novo decreto do galego no ensino, a maior arma contra a lingua do PP.
Nos últimos meses, a RAG foi especialmente crÃtica co decreto do galego no ensino. Xa cualificara o borrador de "inaceptábel" e de "inconsistente legalmente". A Academia sumábase entón á postura dos sindicatos maioritarios no ensino, aos grupos polÃticos da oposición, á meirande parte da comunidade educativa, ao Consello da Cultura Galega, ao Consello Consultivo... e aos milleiros de galegos e galegas que saÃron á rúa en varias ocasións para reclamar a rectificación da Xunta. Ante o grave ataque que suporá o chamado "decreto do plurilingüismo" aprobado en solitario polo PP, a Academia non ficou calada.
Nesta liña, a RAG censuraba en xaneiro as bases do decreto por constituÃren "un retroceso no proceso de normalización da lingua galega que infrinxe a lexislación vixente e a xurisprudencia emitida polos altos tribunais". A Academia tamén se mostrou sorprendida coa actitude da actual Xunta respecto ao idioma, xa que co PP no Goberno se aprobaran por consenso a Lei de Normalización LingüÃstica e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega -normas que incumpre o "decreto do plurilingüsimo" impulsado por Feixóo.
Un perfil que non gusta no PP
Antes de aprobar o Goberno do PP o coñecido por "decreto do plurilingüismo", que diminúe por lei a presenza do idioma propio do paÃs nas aulas, o escritor Xosé LuÃs Méndez FerrÃn asumÃa o cargo de presidente da Academia elixido democraticamente pola maior parte dos académicos. Por todos é coñecido que o perfil polÃtico de FerrÃn -vinculado ao independentismo- non é do gusto de Feixóo, quen declarou daquela: "espero que o pasado polÃtico de Méndez FerrÃn non marque a súa actividade na RAG". Desde entón, e até esta semana, non volveu criticar ante os medios a máxima institución cultural de Galiza.
A semana pasada, o informe da Academia sobre o decreto acadou forma de recurso. O organismo presidido por Méndez FerrÃn anunciou que levará a norma que reduce o galego no ensino aos tribunais. Xa recorreran o decreto varios sindicatos do ensino -entre eles a CIG, central sindicatl maioritaria no sector- e a Mesa pola Normalización LingüÃstica.
Que a RAG recorra o decreto desagradou os membros do Goberno, e iso que a Academia desenvolve o seu traballo: levar á Xustiza unha norma que considera ilegal para evitar que se poña en funcionamento. DÃas despois de coñecerse o recurso, Feixóo sinalou nunha entrevista que "as institucións que son exclusivamente un brazo máis dun goberno ou dunha ideoloxÃa non son útiles". "Alá a Academia co que fai", espetou.
Tampouco lle agradaron a Feixóo as declaracións de Méndez FerrÃn logo da celebración do DÃa da Patria, cando afirmou que o "auto odio propio dos pobos colonizados é aquilo que nós temos que arrincar do noso corpo social para sermos libres, para sermos plenos e para sermos donos de nós mesmos colectivamente". O presidente da Academia situaba ese dÃa a lingua como un "fenómeno colectivo" que é "expresión da nación galega". "Esa nación galega está en conflito, hai persoas que queren que Galiza se siga chamando nacionalidade histórica", concluÃa.
Onde queda agora a liberdade á que tanto di amar Feixóo? Acaso a Academia non é libre de presentar un recurso a un decreto que semella ser ilegal -feito do que mesmo advertiu o Consello Consultivo de Galiza. Fica agora pendente a decisión da Xustiza. Namentres, as crianzas comezarán o novo curso cunha redución histórica do número de materias impartidas na lingua que, tal e como recolle o Estatuto, é a propia do paÃs.