A receita do PPdeG á crise non é outra que baixarlles os impostos ás persoas que merquen casas. Mentres autonomÃas como Catalunya, AndalucÃa e Extremadura xa decidiron subirlles os impostos aos máis ricos para compensar o incremento do déficit público, a Xunta do PP avogou por unha polÃtica oposta, reducirlles os impostos a aqueles que poidan adquirir unha segunda vivenda.
En concreto, o Goberno de Alberto Núñez Feixóo rebaixa o imposto de actos xurÃdicos documentados, entre o 33% para a primeira vivenda e até o 25% para a segunda vivenda. O conservador xustificou esta redución como medida para solventar o paro no sector e para darlle saÃda ao gran volume de vivendas construÃdas e que fican sen vender. Ademais, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, declarou, "cremos nunha rebaixa selectiva dos impostos" e rexeitou a posibilidade de subirlles os tributos ás rendas máis altas. E é que o PPdeG apoia os "milloneuristas", un novo termo acuñado polo deputado Pedro Arias.
Nunha intervención esta mesma semana no Parlamento, Arias preguntouse "quen son os sospeitosos? Os milloneuristas. Eses teñen que pagar, son culpábeis", ironizou. "Unha persoa, por ter diñeiro non ten por que ser un chourizo". Asà respondÃa o popular a unha moción do BNG -rexeitada polo PP e apoiada polo PSOE- na que se reclamaban medidas contra a fraude fiscal e incrementar o tramo autonómico do IRPF ás rendas superiores aos 100.000 euros.
Outra promesa electoral incumprida
Ademais de non subirlles os impostos aos ricos, o PPdeG tampouco lles rebaixará os impostos aos que menos teñen. A rebaixa do IRPF no tramo autonómico constitúe unha promesa electoral de Feixóo, que no sexto dÃa campaña para as galegas do 1 de marzo de 2009 se comprometeu a esta redución. O PP asegurara que esta rebaixa serÃa dun 8,2 por cento para as 600.000 familias galegas máis modestas -o 54 por cento dos contribuÃntes, que teñen unha base liquidábel de 17.770 euros.
Entón, tamén concretara que, para o segundo tramo do IRPF -o 26 por cento dos contribuÃntes con 33.007 euros de base liquidábel- a redución serÃa do 4,1 por cento; mentres que comprometera unha rebaixa do 2,7 por cento para o terceiro chanzo -o 15 por cento dos contribuÃntes, que teñen unha base liquidábel de 53.407 euros. Finalmente, asegurou que ás rendas máis altas se lles reducirÃa a tarifa autonómica nun 1,1 por cento. No entanto, un ano despois, Núñez Feixóo só reduciu os impostos para os que teñan a posibilidade de adquirir unha vivenda.