Indica publicitat
Dijous, 9 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 5 de de desembre del 2008 | 17:41
Crònica · Galiza

O control non impediu un novo caso de violencia machista

Ás 16.36 horas do pasado sábado, un preso do centro penitenciario da Lama (Pontevedra), que se atopaba de permiso, desprendíase do seu emisor-receptor con localizador GPS antes de dirixirse á vivenda da súa ex parella, da que tiña unha orde de afastamento. A pulseira emitía a alarma que inmediatamente debería recibir a Unidade Central de Vixilancia Electrónica, situada en Madrid. Con todo, o aviso non fora detectado.

O resultado, unha muller morta, a actual parella do preso, e tres persoas feridas. Días despois do acontecido, a Secretaría Xeral de Institucións Penais emitiu un comunicado no que se explicaba que o dispositivo electrónico funcionara correctamente, pero que a alarma non fora detectada polos funcionarios da Unidade Central de Vixilancia.

 

 

A secretaria xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo, recoñeceu "fallos humanos non motivados pola malicia" no control da pulseira. "Ao parecer, os funcionarios que prestaban servizo no seguimento dos dispositivos de control dos maltratadores non se decataron de que se producira unha alerta", engadiu. Gallizo advertiu de que non se trata "de botarlle a culpa a ninguén. Hai que ver onde se atopa o erro e que se pode facer para evitalo". Nesta liña, a responsábel de Institucións Penitenciarias lembrou que "a vida ás veces é moi complicada e hai que traballar pola reinserción e tratar de que non se produza a reincidencia".

 

 

Cumpría os requisitos

 

Nada máis darse a coñecer o suceso, as miradas recaeron no penal da Lama. Como un home que supostamente pretendía acabar coa vida da súa ex muller podía gozar dun permiso carcerario?, preguntouse parte da sociedade. O caso é que o maltratador cumpría con todos os requisitos necesarios para saír catro días do cárcere da Lama grazas á xunta de tratamento e ao xuíz de vixilancia, que coidaron que o permiso non ía repercutir no preso de xeito negativo.

 

 

O director da prisión, Xosé Antonio Gómez Novoa, apuntaba que nada facía prever o tráxico desenlace xa que a conduta do interno era "normal" e o centro adoptara todas as medidas necesarias para que o preso gozase do permiso. O director do cárcere explicou que en varias ocasións atendera a vítima persoalmente e que mesmo lle "suplicara" que se lle concedese ao condenado o terceiro grao. "Mesmo me sorprendeu que incidise en que había unha persecución cara ao seu compañeiro ao non llo conceder", engadiu.

 

 

Malia os dispositivos de seguridade, os organismos que protexen as vítimas, os informes favorábeis... aínda é imposíbel coñecer que pasa pola mente humana en casos como o que vimos de coñecer.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat