Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 9 de d'abril del 2009 | 13:28
Crònica · Galiza

Un deputado do PPdeG, expedientado por unha infracción grave

Á suposta implicación do PP no 'Caso Gürtel' únese agora outro presunto caso de corrupción dos populares galegos. Esta semana coñeceuse que Agustín Hernández, deputado do PPdeG no Parlamento de Galiza e un dos interlocutores co Goberno en funcións para negociar o traspaso de poderes, cometeu unha infracción grave ao incumprir a Lei de Incompatibilidades.

O que fora Director Xeral de Obras Públicas no Executivo de Manuel Fraga foi fichado no 2006 como conselleiro por unha sociedade integrada no grupo construtor Puentes y Calzadas cando, un ano antes, lle adxudicara a esa empresa infraestruturas por máis de 30 millóns de euros. De aí que o presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, cualificase como "grave" a infracción e anunciase que o Goberno galego lle abriu un expediente ao deputado. 



"Desde o punto de vista ético, político e, previsibelmente, xurídico, non cabe ningunha dúbida de que existe un incumprimento da lei", reprobou Touriño, quen apuntou que esta infracción "leva aparellada unha inhabilitación para o exercicio de calquera cargo público durante tres anos".

O BNG e PSdeG xa reclamaron que o futuro presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, explique se o partido financiou campañas con cartos da presunta corrupción do 'Caso Gürtel' e tamén a contratación do deputado Agustín Hernández por un grupo construtor ao que lle adxudicou obras mentres Feixóo era conselleiro. O portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, apuntou que Feixóo, chegará ao debate de investidura, que se celebra o 16 deste mes, co deber de "dar explicacións de moitos membros do seu grupo, que non son precisamente monumentos á ética pública e á rexeneración democrática". Por iso, considerou que "ao final, Galiza ten un bo reflexo do que pasa no Partido Popular estatal, que é un partido que está metido na corrupción até o pescozo", denunciou. Sobre Hernández, o homólogo socialista de Aymerich, Xaquín Fernández Leiceaga, puxo en dúbida o "compromiso novidoso" de Feixóo para conformar un goberno de "ética democrática e transparencia", ao barallarse o nome de Hernández para ocupar responsabilidades na materia no futuro goberno.


O PPdeG xustifícase

Polo seu lado, o portavoz do grupo 'popular', Manuel Ruíz Rivas asegurou "preocuparlle" que as formacións que integran a oposición "non esperasen formalmente" a selo para "intentar usar cuestións que non son éticas". "Ninguén pode esixir nada que as leis non digan nese momento", agregou ao respecto da incorporación á actividade privada de Hernández.

A maiores, nun comunicado de prensa, o PPdeG criticou o "cinismo sen límites" do PSdeG por "criticar as responsabilidades profesionais desempeñadas" por este deputado 'popular' e, paralelamente, "ignorar que Helena Salgado" -que tomou posesión da Vicepresidencia segunda Económica do Goberno central- traballou "no sector das telecomunicacións inmediatamente despois de abandonar o cargo de secretaria xeral de Comunicacións na última lexislatura de Felipe González".


Outros casos

As supostas irregularidades no PP transcenden o 'Caso Gürtel' e o asunto de Hernández. Aymerich tamén recordou estes días que Carlos Negreira -número 'dous' por A Coruña- está sendo investigado polo Tribunal de Contas "por unha xestión á fronte do ente Portos de Galicia non precisamente regular". O nacionalista tamén asegurou que "Fraga ía pescar co dono de Jealsa todos os veráns e despois o señor Negreira non lle cobraba o que lle tiña que cobrar dos impostos pola ocupación de terreo portuario".

A este caso, engadiu o "modelo de contratación de persoal de Puy Fraga" (sobriño do ex presidente do Goberno galego e un do colaboradores de Feixóo que agora negocia o traspaso de poderes). "Puy Fraga foi nomeado a dedo polo seu tío na Xunta, na que estaban varios irmáns e familiares", engadiu. "Espero que ese non sexa o modelo de rexeneración democrática, digo por falar de posíbeis membros do seu goberno (de Feixóo)", comentou en relación a Puy.

O portavoz do BNG no Parlamento lembrou que Feixóo "recibiu regalos multimillonarios de empresas privadas e que teñen relación coa Xunta", en referencia ao vehículo de gama alta que a empresa Citroën lle cedeu a Feixóo como presidente do partido en Galiza na pasada lexislatura.

"Se Hernández ten que decidir a adxudicación dun contrato, somos tan inxenuos que imos pensar que os seus vínculos co sector da construción non van pesar nada nesas decisións?; se Feixóo ten que intervir nalgún conflito laboral da empresa que lle regalou o coche, por exemplo nun ERE, somos tan inxenuos que imos pensar que esa relación privilexiada non vai influír de ningún xeito?", cuestionou retoricamente.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat