Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 20 de d'octubre del 2008 | 16:04
Crònica · Galiza

Un 'si' a cambio de transferencias e doutros compromisos

A pasada semana, o Partido Socialista acadaba nos últimos minutos un acordo co Partido Nacionalista Vasco e máis co Bloque Nacionalista Galego para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado. O prazo para presentar as emendas á totalidade das contas finalizaba sen que nin PNV nin BNG entregasen ningún escrito. Os votos de ambos os dous partidos son claves para que o PSOE supere os 171 deputados que teñen anunciado o apoio á retirada dos orzamentos.

 

A negociación pechouse cun principio de acordo en materia de infraestruturas, competencias, dependencia e cun aumento do investimento consignado. Agora o BNG trata de aumentar os 125 millóns de euros que o Estado lle asigna a Galiza. Unha das claves da aprobación dos nacionalistas galegos veu da man das transferencias. O Goberno español sinalou como data límite o 15 de decembro para efectivizar todas as competencias que fican hoxe en día pendentes tras o acordo entre o líder do BNG, Anxo Quintana, e máis o xefe do Executivo español, José Luis Rodríguez Zapatero a raíz do apoio prestado pola formación frontista para que a ministra de Goberno, Magdalena Álvarez non fose reprobada polo Congreso.

 

 

Outra das contraprestacións que posuirán os galegos logo de apoiar o proxecto orzamentario consiste na creación da subcomisión de seguimento das infraestruturas no seo da bilateral Xunta-Estado e que estará presidida polos máximos responsábeis do Ministerio de Fomento e da Consellaría de Política Territorial.

Co "si" dos galegos, Galiza terá o maior orzamento da súa historia, malia a crise. Os nacionalistas felicitábanse polo acordo e salientaba que dous deputados do BNG en Madrid valen máis que 11 do PP. A formación revelou que o apoio aos orzamentos foi "un exercicio de responsabilidade, combinado coa defensa firme" dos intereses de Galiza. "Hai que arrimar o ombreiro" e sería "grave" ter que recorrer a unha prórroga dos orzamentos deste ano, sinalaba Francisco Jorquera, portavoz nacionalista no Congreso. Ademais, o deputado mostrou a dispoñibilidade se o PSOE escolle o BNG como socio preferente, sempre e cando teña "compromisos sobre a mesa".

 

 

Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, declarou a súa "alegría e satisfacción" polo principio de acordo e salientou que "agora é Galiza a que protagoniza a política do Estado e a que lle dá estabilidade". "Hoxe é máis país que onte" porque nos momentos de negociar as contas "sempre houbo envexa sa ao ver que eran outros os que decidían", apuntou.

 

 

Agora, a piques de comezar o debate dos orzamentos no Congreso, o BNG traballa arreo para poder incrementar os 125 millóns que se destinan a Galiza.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat