Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 8 de de maig del 2009 | 13:47
Crònica · Galiza

Os tropezóns de Feixóo na elección do seu Executivo

A menos dun mes para a celebración dos comicios galego, o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, prescindía da súa "fichaxe estrela", Luís Carrera, que concorría como número 1 do PP por Ourense, por non "estar ao corrente con Facenda".

Feixóo presumiu entón de que unha decisión de tal calado só a toma "un político responsábel". Pero, é responsábel nomear como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Obras Públicas un home que supostamente falseou un documento público para cobrar unhas obras que non comezaran? E escoller como delegado da Xunta un político que vai ser investigado pola Xustiza por presunta malversación e estafa?



Na última semana, o novo Goberno da Xunta viuse rodeado de polémica. A primeira alarma saltou cando Feixóo daba a coñecer o nome do responsábel de Medio Ambiente, Territorio e Obras Públicas, Agustín Hernández, acusado pola oposición de incumprir a Lei de Incompatibilidades do Parlamento. E é que o actual conselleiro traballou nunha empresa privada á que lle adxudicou obras sendo director xeral na Xunta de Manuel Fraga. Nos últimos días, Hernández volveu estar de actualidade por un escándalo denunciado polo BNG.

A instancias dos nacionalistas, un notario deu fe do estado actual dunha obra en Salvaterra do Miño financiada con cartos públicos que a Deputación de Pontevedra, institución na que Hernández era responsábel de Infraestruturas, deu por finalizada e que apenas comezou. As obras, adxudicadas á empresa Sercoysa, empresa da que Hernández foi apoderado e director de construción, permanecen paradas e só se fixeron desmontes de terras. Con todo, o organismo presidido polo popular Rafael Louzán deu por rematados os traballos da E.P. 4102 -Variante de Acceso a Lira (Salvaterra de Miño)- en decembro do 2008. Segundo datos facilitados pola Tesourería, a deputación ingresoulle os 458.000 euros á empresa Sercoysa o 17 de marzo do 2009 malia estar as obras sen rematar.


Hernández di que é "habitual"

Ao coñecer a noticia, Hernández negou calquera "irregularidade" e asegurou que a certificación do final da obra non rematada se fixo así "para non perder unha subvención". "A certificación deste tipo de obras é unha práctica habitual, non é nin anómala nin irregular, e considérase un mecanismo que se fai a finais de ano para cumprir anualidades e conseguir que unha subvención non se perda", sinalou.

En canto a se Sercoysa se beneficiou desta certificación, Hernández admitiu descoñecelo e afirmou que na data en que se produciu a firma, el non estaba traballando na empresa nin tampouco na Deputación provincial "porque a obra foi adxudicada no 2006".

O portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, xa emprazou a Feixóo a que asuma as súas responsabilidades e cese o conselleiro. "Que máis lle fai falta ao presidente da Xunta para cesar a Hernández?, preguntou o nacionalista. Feixóo deberá responder no primeiro pleno do Parlamento da VIII Lexislatura, que se celebrará os días 12 e 13, a unha pregunta do BNG sobre as supostas irregularidades do conselleiro.

O PsdeG, que nun primeiro momento se opuxera á iniciativa do BNG para investigar a Hernández, pide agora que se depuren responsabilidades. Os socialistas estenderon as súas protestas polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, ao que acusan de pedir unha excedencia do seu cargo como secretario no Concello de Cambados co fin de dedicarse de cheo ao PPdeG, pero, que durante ese tempo -de febreiro de 2006 a abril de 2009-, "figurou como asesor de Louzán", presidente da Deputación de Pontevedra.


Un delegado, investigado

As sospeitas do equipo de Feixóo esténdense tamén ao delegado da Xunta en Ourense, Roxelio Martínez, que será investigado polos supostos delitos de malversación, estafa e falsidade en documento público. A Audiencia Provincial reabriu o proceso xudicial derivado dunha denuncia presentada polo grupo local do BNG de Arnoia contra Martínez pola xestión de fondos comunitarios como alcalde do municipio.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat