Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 19 de de febrer del 2010 | 14:20
Crònica · Galiza

A polémica das dietas ameaza o futuro do número 3 do PPdeG

A polémica sobre o cobro indebido da quilometraxe no Parlamento ameaza o futuro do número 3 dos populares galegos. Hai uns días, saltaban á prensa as supostas irregularidades no cobro das dietas do que é o deputado e portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda.

A parlamentar socialista María Quintas deu a voz de alarma ao acusar o popular de incorrer en desaxustes económicos. Segundo os datos do PSdeG, Rodríguez Miranda percibiu do Parlamento de Galiza 26.000 euros en concepto de desprazamentos cando ía no coche oficial do vicepresidente do Parlamento, Xosé Manuel Baltar Blanco. A socialista asegurou que estes traslados desde Ourense a Santiago por parte do portavoz do PPdeG tamén se realizaron no coche oficial de Baltar até hai pouco.

E é que segundo o PSdeG, deixaron de viaxar xuntos cando comezou á campaña á Presidencia do PP de Ourense. Fontes socialistas recoñeceron que a filtración lles chegou do ámbito do propio Baltar. O vicepresidente do Parlamento admitiu ter levado a Miranda algunha vez no coche. As relacións entre os dous deterioráronse despois de que o número 3 do partido abandonase o "baltarismo" e se sumase, ao igual que Feixóo, á lista do rival de Baltar, Xoán Manuel Ximénez Morán. Miranda mesmo chegou a tomar parte por Morán na propia campaña electoral á Presidencia de Ourense, que contou cun despregue pouco común para tratarse dunhas eleccións internas e nunha mesma provincia. Nun primeiro momento, o maior defensor da "austeridade" do Goberno do PP negou ter cobrado ningunha dieta e mesmo cualificou o asunto de "anecdótico".

Porén, nos últimos días Rodríguez Miranda mostrouse disposto a devolver os cartos se llo pide o Parlamento. A defensa do popular pasa por salientar que el só se beneficiou dun cobro "automaticamente", produto dunhas normas que todos os grupos políticos apostan por facer máis transparentes. E é que os deputados non teñen que asinar a diario os seus desprazamentos pagados. Cobran automaticamente cando os servizos da Cámara pasan lista. Cadaquén recibe os cartos en función dos quilómetros de distancia a Santiago que se declarara ao principio da lexislatura. As normas do Parlamento só permiten cobrar a quilometraxe, estipulada en 0,25 euros por quilómetro, no caso de utilizar coche propio. dicir, os políticos non teñen dereito a estas dietas cando empregan automóbil oficial, como aconteceu no caso de Miranda. No Consello da Xunta celebrado onte, Alberte Núñez Feixóo, tachou de "disfunción" a polémica de Miranda. O presidente da Xunta sabía que debería responder as cuestións da prensa sobre o acontecido co número 3 do seu partido.

Por iso falou armado de datos, extraidos da nota de prensa lanzada pola presidenta da Cámara, a tamén conservadora Pilar Rojo, que defende a honorabilidade dos políticos. Así Feixóo insistiu que este ano a Cámara reduciu o seu orzamento nun millón de euros. O Parlamento tamén se pronunciou sobre as informacións que vinculan algúns deputados co cobro ilícito da quilometraxe. "Calquera feito irregular que poda ter sucedido se investigará, pero non por iso debe ser visto como un comportamento xeneralizado", argumenta o comunicado oficial. A institución criticou as novas que "transmiten unha visión distorsionada do labor parlamentar".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat