Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 22 de de gener del 2010 | 14:10
Crònica · Galiza

Porque Galiza quere o galego

A loita en defensa da nosa lingua volveu colleitar onte o seu terceiro éxito en tan só oito meses, e desta vez nun día laborábel. A Praza do Obradoiro ficou pequena para acoller os milleiros de manifestantes que, convocados pola Plataforma Queremos Galego,

saíron á rúa para reclamar a retirada do chamado "Decreto do Plurilingüismo", que reduce o mínimo de clases no noso idioma do 50 a un ridículo 33 por cento. Entre os asistentes, atopábanse miles de mozos e mozas e de docentes que secundaron a folga no ensino convocada para o mesmo día en rexeitamento da norma que pretende aprobar o PP.

Namentres se completaba o aforo do Obradoiro, centos de persoas ateigaban as rúas da zona vella e outros moitos non lograban presenciar o acto por mor do tráfico -até 45 minutos desde a saída da autoestrada até o centro de Compostela. En total, a organización cifrou en 60.000 as persoas que saíron á rúa a prol do galego e no 90 por cento o seguimento da folga nos centros de ensino non universitario. Á cabeza da mobilización e tras unha faixa que recollía o lema "Paremos o decretazo contra o galego", algúns dos responsábeis das máis de 600 asociacións que abrangue Queremos Galego pedíanlle á Xunta que retire o borrador do decreto co que o PP pretende desterrar a nosa lingua da educación. Entre eles, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o portavoz da plataforma, Fran Rei, o representante da CIG, Suso Seixo, ou o da CIG-Ensino -sindicato maioritario no sector- Anxo Louzao. Ademais da cúpula do BNG, participaron na mobilización dirixentes do PsdeG e de Esquerda Unida.

Miles de extremistas

No estrado do Obradoiro, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, iniciaba o seu discurso ironizando sobre as falsas acusacións do PP sobre supostas ameazas para que os docentes secundasen a folga. "Cantos extremistas, canta xente ensimesmada... cantos viñestes forzados, cantos coaccionastes os vosos compañeiros para vires?". No seu discurso, o responsábel da maior organización en defensa da lingua lembroulle a Feixóo que ningún colectivo apoia o "decretazo", agás as persoas directamente vinculadas ao PP. Pola súa banda, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, pediu a retirada das bases do decreto porque o texto actual "non garante que o alumnado teña competencias en galego". Fran Rei, portavoz de Queremos Galego, animou desde o estrado a pedir a dimisión do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e Craig Patterson, presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), denunciou que os profesores de inglés non teñen recursos abondos neste intre para mellorar o ensino desta lingua.  

Un decreto sen consenso
A falacia da imposición non lle está a dar os resultados esperados a Feixóo, que fica só na batalla contra o galego. O 18 de abril, na mesma Praza do Obradoiro que onte congregou milleiros de persoas en defensa da nosa lingua, Feixóo tomaba posesión como presidente da Xunta proclamando que o galego deixaría de ser "elemento de imposición" para se converter nun "elemento de unión". Pero, de que unión falaba o líder do PPdeG? Hoxe en día, a meirande parte da comunidade educativa, e os partidos da oposición, ademais de todas as organizacións que abrangue Queremos Galego, desbotan as bases do decreto.

Ao respaldo da CIG-Ensino -sindicato maioritario no sector- tanto ao paro como á manifestación sumáronse a STEG e, máis tarde, FETE-UGT, CC OO e a CNT. Mesmo, ANPE -sindicato minoritario próximo ao PP- rexeitou a proposta do PP malia non participar nas mobilizacións. Tamén se posicionaron en contra do decreto antigalego promovido polo PP colectivos como Nova Escola Galega, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Asociación de Pegagogos de Galiza ou a Federación de Centros Públicos. Tamén as entidades xuvenís Comités, o Sindicato de Estudantes, Iesga, Agir, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas, Foro da Mocidade, Esquerda Unida Mocidade ou a Mocidade pola Normalización Lingüística desbotan a proposta do PP, ao igual que o BNG, o PSdeG, Terra Galega, a FPG ou Esquerda Unida. A Coordinadora Galega de Equipas de Normalización Lingüística, a Coordinadora Traballadoras/es de Normalización Lingüística (CTNL), a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Internacional de Estudos Galegos, Galiza Non se Vende ou Irimia son outros colectivos que censuran a política lingüística do PP. Tamén desbotan a proposta de decreto a Mesa pola Normalización Lingüística, Prolingua, Galego, Patrimonio da Humanidade e Galego Sempre Máis.

Con todo, a maior decepción para o Executivo de Feixóo veu do contundente informe publicado esta semana pola Real Academia Galega (RAG). Prevese que o Consello da Cultura Galega (CCG) -que xa adiantou o seu rexeitamento ao borrador- camiñe na mesma dirección. Mesmo as tres universidades adoptaron unha postura común na que piden a modificación das bases do decreto. Dubidosa legalidade Ademais de poder violar o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, o Plan Xeral de Normalización Lingüística e a Carta Europea de Linguas Minoritarias, o decreto que propón o PP pode ser inconstitucional. Así llo advertiron a Feixóo xuristas galegos. Baseándose en sentenzas do Tribunal Constitucional e mesmo do Supremo, avogados e xuíces proban que os pais só teñen dereito a decidir sobre o ensino moral e relixioso, pero nunca sobre a lingua. Isto é unha obriga dos poderes públicos.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat