Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 8 de de març del 2010 | 13:49
Crònica · Galiza

Rosa Díez e Arcadi Espada, máis odio contra o nacionalismo

"Gallego en el sentido máis peyorativo de la palabra". Así lle respondía Rosa Díez ao xornalista Iñaki Gabilondo logo de que este lle pedise que definise a José Luis Rodríguez Zapatero cunha palabra. Con esta, xa son dúas -como mínimo- as veces nas que a deputada ultraespañolista Rosa Díez emprega a verba "gallego" cunha carga xenófoba e cun odio visceral cara a Galiza e cara ao pobo galego. A actitude da portavoz de UpyD reflicte a degradación que sofre a política española. A resposta racista que lle deu Díez a Gabilondo é impropia de alguén que ocupa un cargo de responsabilidade pública.

Pouco despois de saír á luz a entrevista de Gabilondo a Díez, os grupos políticos galegos censuraron a súa actitude e formacións como o BNG pediron a súa reprobación. A ultraespañolista tamén recibiu críticas do PPdeG. Porén, é coñecida a boa relación da portavoz de UpyD co sector máis anti galego dos populares, cos que comparte a liña ideolóxica. Hai apenas un ano, Rosa Díez manifestábase polas rúas de Compostela contra a nosa lingua acompañada por cargos do PP como a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, o deputado no Parlamento de Galiza Ignacio López Chávez, ou o actual conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

A portavoz do partido ultraespañolista, no canto de desculparse polos insultos aos galegos, aumentou a polémica ao increpar os que se ofenderon. Para UPyD, o significado "coloquial" do xentilicio de Galiza "en sentido pexorativo" sería o de alguén que evita comprometerse. O partido de Rosa Díez aduce que o uso de "gallego" no sentido "pexorativo" é similar a expresións como "traballar coma un negro" ou "chulo coma un madrileño". De aí que considere que "ofenderse por isto é unha mostra de intolerancia, complexo de inferioridade ou perturbación nacionalista".

Os tres grupos parlamentares -PP, PSOE e BNG- estudan agora como reprobar os insultos de Rosa Díez aos galegos. Polo de agora, o Parlamento de Galiza non chegou a un acordo, xa que os populares pretenden que se omita o nome da portavoz de UpyD na reprobación institucional. Ao coñecer a intención da Cámara galega para denunciar a súa conduta, Rosa Díez sinalou que "demostra que en España hai demasiado candidato a censor solto".


Arcadi Espada apoia a Díez

Unha semana despois da polémica xurdida ao redor da actitude racista de Díez, o analista catalán Arcadi Espada fixo súas as declaracións da portavoz de UpyD no espazo radiofónico presentado pola xornalista galega Xulia Otero. Para Espada, as críticas a Díez son unha proba de que tanto os medios de comunicación e os políticos que a censuraron son "estúpidos, ignorantes, aldeáns, cantonais e provincianos". ??O comentarista -membro de organizacións españolistas como Basta Ya e promotor da plataforma cívica que deu lugar á creación do partido Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía- engadiu, trátase da "proba de que neste país se fraccionou a intelixencia do cero ao cero".

O catalán tamén sinalou que Díez "estivo estupenda" e "demostrou por que algúns lle temos simpatía política e persoal".?Xulia Otero, ao contrario que Gabilondo, enfrontouse en directo ao seu colaborador e descualificou as súas verbas "ofensivas". Acusouno ademais de ser soberbio e de non ter valentía para rectificar e pedir perdón.

Non só Díez ou Espada insultan os galegos co emprego xenófobo do noso xentilicio. O dicionario da Real Academia Española aínda contén definicións de raíz xenófoba, pexorativa e vexatoria do noso xentilicio. Malia as reiteradas peticións parlamentares do BNG, a RAE inclúe "gallego" como "tonto" ou "tartamudo". Até ben entrada a segunda metade do século XX, a institución da lingua española non suprimiu a entrada de "gallego" como sinónimo de "bruto". Na actualidade "gallego" fica definido como lingua do noso país na sétima aceptación da verba.

Asistimos unha vez máis a unha mostra do vilipendio que sofren todos os nacionalistas sen a mínima consideración aos seus dereitos. Que acontecería se fose un galego quen empregase o termo "español" como sinónimo de "imperialista" ou ignorante?

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat