Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 30 de d'abril del 2009 | 16:33
Crònica · Galiza

Primeiros sinais da involución lingüística co PPdeG

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, comezou a dar mostras evidentes da política lingüística que caracterizará o seu Executivo. No seu programa electoral prometía derrogar o decreto que regula o emprego da lingua galega

no ensino e, para facelo, avanzou esta semana a decisión de "repor os dereitos civís en todos os colexios" e a libre elección de idioma dos alumnos e alumnas nas clases. O BNG criticou que as verbas do presidente da Xunta "contradín o seu compromiso" adquirido no Parlamento no que avogaba por "atopar o consenso" lingüístico de Galiza. Os nacionalistas pedíronlle a Feixóo que "abandone a súa campaña contra o galego" e que "explique en sede parlamentaria cal é o seu modelo de política lingüística e como pensa aplicalo no ensino".

A formación frontista lembroulle ao conservador que "é un dereito civil garantir a posibilidade de coñecer e expresarse correctamente en lingua galega". O PsdeG tamén reaccionou ante as intencións de Feixóo ao recordar que o decreto que regula o uso do galego no ensino "nunca prohibiu o uso do castelán" nas aulas. Os socialistas denunciaron que o "bilingüismo harmónico" do PPdeG se traduce en "imposición e crispación" ao "non dubidar en manipular e terxiversar o que ocorre nas aulas con tal de elevar o conflito lingüístico". Axentes sociais Non só os grupos políticos con representación no Parlamento se amosaron en contra do anuncio de Feixóo. Os axentes sociais rexeitan o modelo de política lingüística que pretende impoñer o PPdeG. A CIG cualificou de "involución" en materia lingüística a proposta de libre elección do idioma nas aulas do presidente da Xunta, mentres que a Mesa pola Normalización Lingüística, CC OO, e a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística (EDNL) rexeitaron o que consideran un "chamamento a incumprir a lei en materia lingüística".

O presidente da Mesa, Carlos Callón" expresou que as palabras de Feixóo "demostran a propaganda dun Goberno que prometeu gobernar para todos e que logo derrogará un decreto que resultou froito do consenso". "A norma contou co respaldo de asociacións das ANPAs de centros públicos e de estudantes". " unha medida que non supón só un retroceso, senón que é propia do tardo franquismo". Sen responsábel de Política Lingüística A case dous meses de celebrarse as eleccións, e case un mes despois de que se constituíse o Parlamento da VII lexislatura, Feixóo segue sen completar o seu Gabinete. No Consello da Xunta, celebrado esta mañá, o presidente da Xunta aprobou novos cargos do Goberno e os cinco "superdelegados" da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Malia a súa présa por gobernar e as reiteradas insistencias no traspaso de poderes, o 15 por cento do equipo de Feixóo na Xunta segue sen cubrirse. Entre os postos que fican baleiros destaca o de Política Lingüística. Este departamento terá na polémica derrogación do decreto que regula o uso do galego no ensino unha das súas tarefas pendentes. Feixóo retivo para o seu departamento, a Presidencia, políticas transversais como innovación, deportes ou igualdade. A pesar do seu carácter transversal, o presidente da Xunta rexeitou para si mesmo a Política Lingüística, que a trasladou á Consellaría de Educación.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat