Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 27 de d'octubre del 2006 | 16:31
Crònica · Política

O PP xa ten dous Prestiges

“O señor Touriño xa ten o seu Prestige”. Así acusou Alberte Núñez Feixoo, voceiro do PPdG, ao presidente da xunta por mor das riadas da semana pasada. Por que o PP aproveita todas as oportunidades que se lle presentan para atopar novos prestiges cos que zorregarlle ao actual goberno. Prestige xa é sinónimo de non estar á altura das circunstancias para facerlle fronte a unha importante crises, mesmo foi exportado a Catalunya cando o desastre do Carmel. Pero ninguén coma o PP para manexar esta palabra con descaro, doídos como están que o embarrancamento daquel petroleiro e a seguinte xestión dunha marea negra de 70.000 toneladas de petróleo, supuxese o fin da súa era gobernando o Estado. Pretenden aplicar a mesma menciña, sen importarlle que cada vez que empregan esa palabra a maioría se acorda da súa catastrófica xestión hai catro anos. Pero eles coma se nada. Sacan sen pudor os mortos e póñenos sobre a mesa. Fano en Madrid, con Acebes e Zaplana e repíteno na Galiza, cando os incendios ou agora nas enxurradas. E repiten, Prestige, Prestige, coma rapaces acusicas.
Agora o PP xa ten dous Prestiges. O dos incendios e o das riadas. Os dous xunguidos na súa dialéctica política. “As riadas son a causa da resposta improvisada da Xunta para atallar os incendios”. Non importa que a dereita que representa agora o PP sexa a causante dunha reforestación insensata que comezou a encher a Galiza de especies pirofíticas, continuando coa tradición franquista que lle incautou os montes aos veciños. Hai un dado revelador: a superficie arborada duplicouse na Galiza, mentres que minguou á metade a labrada. Tampouco importa a especulación urbanística, permitida cando non aguilloada polo PP e os seus alcaldes, sen que en 25 anos de autonomía se lograse realizar unha auténtica lei de Ordenación Territorial. E apareceron os grandes estragos das riadas a pasada semana.
Por que? Por que choveu en moitos puntos de Galiza como non chovera desde hai 50 anos. Por exemplo en Pontevedra, 120 litros por metro cadrado en tan só catro horas. E por que hai 30 anos non existían a maioría das edificacións que agora se asolagaron. Moitas delas construídas en canles fluviais ou de regatos. Outras en torrenteiras. Algunhas case metidas no mar. Os danos foron todos preto da costa, onde maior foi a presión urbanística e onde os montes son máis irados. Certamente que contribuíron os incendios, pero boa parte do chan xa se rexenerou e aparece verde, sobre todo con fentos. Os eucaliptos xa retoñaron e están grolizos. O exemplo máis claro témolo en Cee, na Costa da Morte. Unha vila asentada ao final da ría de Corcubión que a dividía en dúas. Ao final, tres pontes e tres ríos que unían as dúas veiras.
En menos de vinte anos, aterraron toda a ría, nunha lonxitude de máis de medio quilómetro. Neste aterramento construíron non só casas, senón a maioría dos servizos públicos, coma colexios e hospitais. Os ríos foron canalizados por debaixo das rúas. Por catro veces consecutivas a semana pasada, a vila anegouse. Coincidiu coa marea alta. Unha mar que sube polos tubos arriba até onde sempre chegou, ao fondo da ría e que non deixa entrar a auga dos ríos que baixa, por onde sempre baixou. So que agora, na vez de canles hai rúas. Pero desto o PP non quere saber nada e acusa á Xunta de “falta de previsión”. O que non queren e falar das verdadeiras causas. Iso é falar de política e o PP móvese por consignas. Agora xa ten dous prestiges.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat