O Prestige, aquel barco que encheu os mares galegos de chapapote, semella ser un barco pantasma. Dous anos despois de afundirse, aínda reaparece por máis que o PP o dera por ben enterrado no Foxa Atlántica. Hai dúas semanas navegou polo Congreso madrileño a xeito de subcomisión parlamentaria. Unha semana despois partía do Tribunal Constitucional cara Galiza, ao anular o acordo adoptado polo Parlam O Prestige, aquel barco que encheu os mares galegos de chapapote, semella ser un barco pantasma. Dous anos despois de afundirse, aínda reaparece por máis que o PP o dera por ben enterrado no Foxa Atlántica. Hai dúas semanas navegou polo Congreso madrileño a xeito de subcomisión parlamentaria. Unha semana despois partía do Tribunal Constitucional cara Galiza, ao anular o acordo adoptado polo Parlamento galego o 11 de marzo do 2003 disolvendo a comisión que debía esclarecer as responsabilidades políticas da catástrofe. Así que, agora, a comisión debería seguir cos seus traballos e Aznar xa non é quen de vetar a comparecencia dos altos cargos estatais, coma daquelas. Pero Fraga xa afirmou que está todo ³aclarado² e que non ten sentido ningún agora a comisión. O PSOE tampouco ten moitas ganas, porque instalado no Goberno do Estado, aínda non fixo nada por mellorar as condicións para impedir que volte outro naufraxio que, segundo as estatísticas, debería producirse no inverno do ano 2006. A un ano vista da eleccións autonómicas o nome do Prestige é un berro suversivo.